Novas
NAVEGAR É VIVIR: A celebración de Sta. Xoana deste ano 2012 tivo como referente o lema de Pastoral "Navegar é Vivir". Durante a celebración relixiosa na igrexa de Cangas estivo presente o cartel da campaña feito cos tapóns que se están recollendo nas distintas aulas do centro. Logo, xa no colexio, houbo campionato de bádminton, brilé, proxección dunha película e merendas. Sen dúbida, un gran día de festa! ![]() 16/5/2012 |
EN DIRECTO CON ASTAROT: Dentro do programa: "Volcados coa cultura do Morrazo", o día 14 de maio estivo no noso colexio Carlos Gandón, guitarrista de Astarot. No salón de actos do centro falou da súa experiencia musical e deleitonos con varios temas do grupo en directo. 15/5/2012 |
A VIDA DUN ASTRÓNOMO: O Dr. Luís F. Miranda, Científico Titular do Consejo Superior de Investigaciones Científicas, impartiu, para o alumnado de Primaria, unha charla sobre a vida dun astrónomo. 15/5/2012 |
SEMANA DA CIENCIA: Os alumnos de 2º de ESO adicamos esta semana á ciencia, realizando diversos e variados experimentos relacionados cos diferentes tipos de enerxías renovables, empregando en todo momento materiais reciblables e reutibilzables. O obxectivo da "Semana da Ciencia" é comprobar que calquera máquina ou ferramenta precisa de enerxía para o seu funcionamento. Ademais trátase de fomentar nos alumnos un consumo responsable, unha conduta de aforro enerxético e a concienciación da necesidade dun desenvolvemento sostible para deter a contaminación atmosférica. 4/5/2012 |
LUIS DAVILA NO NOSO COLEXIO: Luís Davila, o coñecido debuxante de Faro de Vigo, estivo no salón de actos do colexio compartindo os seus coñecementos, técnicas e experiencias co alumnado de 5º de Primaria a 4º de ESO. Os seus debuxos provocaron continuos e espontáneos aplausos Aquí tedes unha mostra do reflexo que tivo nos medios esta visita: Tamén podedes consultar o especial "Volcados coa cultura do Morrazo" para ver as mellores fotos desta charla. 30/4/2012 |
VOLCADOS COA CULTURA DO MORRAZO: Ó longo deste mes de Abril, estanse levando a cabo no colexio unha serie de actividades dentro do programado, dende xa fai algúns anos, “ TRABALLO DE GALICIA”. Este ano, todas elas teñen como obxectivo o acercamento á vida e obra de diferentes artistas do Morrazo que sobresaen en eidos como a música, pintura, escultura ou literatura como son: Loreto Blanco José María Castroviejo Bernardino Graña Elias Konor Camilo Camaño Luís Davila Pepe Poeta Astarot Lito Portela Manuel Coia e Xoán Piñeiro Anxo Lorenzo Durante este período, alumnos dos diferentes cursos, ademais de profundizar na súa obra, poderán contar coa presenza de algúns destes artistas no colexio , intercambiar con eles impresións e compartir diferentes experiencias. Ademais, e como colofón a este traballo, terá lugar no colexio unha exposición aberta ós pais, onde mestres e alumnos tentarán reflexar todas estas vivencias. Aquí tedes o especial coas mellores fotos destas actividades: 23/4/2012 |
O ALUMNADO DE 5 ANOS VISITA A BIBLIOTECA MUNICIPAL: O alumnado de 5 anos visitou a biblioteca municipal de Cangas. Aquí tedes unha foto, pero tedes máis no álbum do curso. ![]() 18/4/2012 |
DATAS DOS EXAMES DE RECUPERACIÓN DE ÁREAS PENDENTES: A segunda parte dos exames de recuperación de áreas
pendentes para a ESO serán os días 16, 17 e 18 de abril co seguinte
horario: Luns 16:
Martes 17:
Mércores 18:
12/4/2012 |
ABERTO O PRAZO DE PREMATRÍCULA PARA O CURSO 2012/13: Desde
o 1 de marzo ata o 10 de abril está aberto o prazo de prematrícula no
noso colexio para o vindeiro curso 2012/13. Temos prazas dispoñibles en:
As familias interesadas xa podedes pasar pola secretaría do centro para recoller a documentación. 2/03/2012 |
EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS DE 5º A E 5ºB:Aquí tedes as esperadas fotos dás exposicións dos diferentes traballos de investigación que 5º A e 5ºB realizaron sobre O Cristianismo, O Xudaísmo e o Islam, nas clases de relixión. Traballaron ao longo do 2º trimestre, aportando cada día diversos textos, imaxes, videos proxectados a través dás tecnoloxías do centro e tamén power points elaborados por algúns deles. Sempre seleccionando aquilo que consideraron máis importante. Cabe destacar o entusiasmo, o bo traballo en equipo, a colaboración, e sobre todo as ganas de aprender algo novo, por medio dos seus propios recursos. Se queredes ver máis fotos visitade o album do curso. ![]() ![]() 10/3/2012 |
ESPECIAL XOSÉ NEIRA VILAS: Aquí tedes a reportaxe gráfica da visita, tan especial, de Xosé Neira Vilas ao noso colexio:
24/3/2012 |
CHARLA NO COLEXIO DE XOSÉ NEIRA VILAS: O vindeiro martes 20 de marzo, teremos o grande privilexio de contar entre nós cunha das figuras máis relevantes da Literatura Galega do século XX, Xosé Neira Vilas. O célebre autor de Memorias dun neno labrego (1961), unha das novelas con máis éxito da nosa literatura,compartirá con nós unhas horas nas que os alumnos de 6º de primaria e 1º, 2º, 3º, e 4º de ESO poderán facerlle preguntas sobre a súa vida e a súa obra. A narrativa de Neira Vilas inscríbese na tradición da novela realista de tema social e espírito crítico.O escritor vertebra o conxunto da obra arredor de dous eixes temáticos: a Galicia rural do interior e a Galicia emigrante. ![]() Debuxo do autor realizado por Marta Giráldez de 3º de ESO A 13/3/2012 |
PRÓXIMAS SAÍDAS DE 3º DE PRIMARIA: As titoras de 3º de Primaria teñen previsto realizar, co seu alumnado, as seguintes saídas:
13/3/2012 |
PREPARANDO O ENTROIDO: O vindeiro venres 17 de febreiro celebraremos no colexio o entroido e nas distintas aulas hai unha actividade frenética preparando os disfraces. Na imaxe, os alumnos de 3º de Primaria preparan o seu disfraz de cubo de Rubik. 15/2/2012 |
INSTALACIÓN DE NOVAS PIZARRAS DIXITAIS: Seguindo co noso plan de TIC, acaban de instalarse 3 novas PDI (pizarras dixitais interactivas) no colexio. Así, o alumnado de 3º de Primaria, 1º de ESO e Infantil xa poden disfrutar da última tecnoloxía na aula. 10/2/2012 |
CELEBRACIÓN DO DÍA ESCOLAR POLA PAZ: O luns 30 de xaneiro, ás 11h, celebraremos todos xuntos o día escolar pola Paz cun acto no patio do colexio ao que estades convidados todos os pais e nais do centro. Este ano o lema escollido é: NAVEGAMOS, TODOS XUNTOS, BUSCANDO A PAZ 26/01/2012 |
DATAS DOS EXAMES DE RECUPERACIÓN DE ÁREAS PENDENTES: Os exames de recuperación de áreas pendentes para a ESO serán os días 16, 17 e 18 de xaneiro co seguinte horario: Luns 16:
11/01/2012 |
RÉCORD DE VISITAS A NOSA PÁXINA: 2011 rematou cunha importante marca de visitas a nosa páxina web: máis de 22.000! Este dato representa un 47% de incremento respecto das visitas en 2010. Grazas por seguirnos! 4/01/2012 |
DATAS A TER EN CONTA NO FINAL DO 1º TRIMESTRE: Chega o final deste trimestre e queremos comunicarvos algunhas datas relevantes:
|
CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS:
Desde o colexio cremos necesario traballar, nestas datas, o valor da solidariedade. Este ano, dentro da dinámica Navegar é vivir, o faremos co lema: "Unha mensaxe solidaria" ![]() Podedes colaborar cun alimento para os nenos e as familias que non teñen o suficiente. Para facilitar a recollida seguiremos esta táboa:
Os produtos recollidos nas clases antes do 19 de decembro entregaranse aos Cáritas de Cangas. Grazas pola vosa solidariedade. 5/12/2011 |
ENCONTRO DE GRUPOS LESTONNAC GALICIA 2011:
Este ano o encontro de Grupos Lestonnac de Galicia tivo lugar o pasado sábado día 26 de novembro en Vigo. Unha nutrida representación de alumnado e monitores do noso colexio participaron nesta xuntanza. Xa tedes as mellores fotos do encontro no álbum do curso. 4/12/2011 |
NENA MARÍA 2011:
O vindeiro luns día 21 de novembro celebraremos no colexio a
Festa da Nena María. E
15/11/2011 |
FESTA DE HALLOWEEN O vindeiro venres día 28 de outubro, o alumnado de Infantil e Primaria celebrará a festa de Halloween, organizada pol@s teachers do noso centro.![]() 25/10/2011 |
CALENDARIO ESCOLAR PARA O CURSO 2011/12 No apartado de descargas podedes atopar o calendario escolar coas datas máis salientables deste novo curso.21/9/2011 |
XUNTANZAS DE COMEZO DE CURSO As xuntanzas terán lugar os días seguintes:
19/9/2011 |
COMEZA O NOVO CURSO 2011-2012 Educación Infantil e Primaria comezan as clases o día 12 de setembro con horario de 9 a 14h. O alumnado da ESO incorporarase as aulas o venres 16 de setembro tamén con horario de 9 a 14h neste primeiro día.9/9/2011 |
CALENDARIO E HORARIOS DOS EXAMES DE SETEMBRO 2011 Os alumnos da ESO que teñen que presentarse á convocatoria extraordinaria de setembro 2011 xa poden consultar as datas e os horarios no apartado de descargas.13/07/2011 |
PUBLICACIÓN DOS LISTADOS DE LIBROS PARA O CURSO 2011/12 No apartado de descargas podedes atopar os listados de libros e material para o vindeiro curso 2011/12.13/07/2011 |
EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS DE GALICIA 2011 Xa son moitos os que se achegaron a visitar a exposición dos traballos de Galicia que este ano dedicamos ós oficios tradicionais galegos. Este ano, ademáis de contar con paneis informativos tamén hai algúns útiles usados nestas tarefas. Se non podedes achegarvos ó colexio, propoñémosvos que visitedes a nosa exposición virtual que estreamos este ano: |
AS PRIMEIRAS AULAS DIXITAIS XA SON UNHA REALIDADE Coa axuda de tod@s: familias, alumnado e profesorado, e co impulso da Dirección do Centro, estamos iniciando o camiño sen retorno de transformar o noso colexio nunha escola 2.0: a instalación de pizarras dixitais interactivas en varias aulas e a recente adquisición de 25 netbooks, co seu correspondente carrro de carga, están permitindo xa o traballo de contidos dixitais nas distintas aulas. Na imaxe, alumn@s de 3º de ESO traballan cos netbooks mentres unha compañeira fai as indicacións oportunas coa axuda da pizarra dixital interactiva. |
CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS O pasado venres 20 de maio tivo lugar no salón de actos do colexio o acto de Celebración das Letras Galegas 2011. Como en anos anteriores, houbo actuacións e tamén entrega de premios ós gañadores do concurso de relato curto convocado polo equipo de normalización linguística (ENDL) do noso centro.30/05/2011 |
VISITA Á PLANTA DE CITROËN EN VIGO O xoves día 7 de abril @s alumn@s de 4º de ESO do noso Centro tiveron a oportunidade de visitar a factoría de Citroën en Vigo, donde foron recibidos polo Director de Medio Ambiente, D. Rogelio Méndez, quen lles presentou un novo prototipo de coche completamente eléctrico. Logo, percorreron todas as etapas do proceso productivo, amosando un enorme interese e curiosidade durante toda a visita.7/4/2011 |
CONVOCATORIA DE XUNTANZA O vindeiro xoves día 7 de abril ás 18:00 h teremos unha xuntanza, no salón de actos do colexio, cos pais e nais dos alumnos de todo o centro para tratar temas moi importantes.5/4/2011 |
ENTREGA DE NOTAS DE 2ª AVALIACIÓN Tal e como figuraba no Plan Anual, o vineiro venres día 25 de marzo entregaremos @s alumn@s de Infantil, Primaria e ESO os boletíns de notas correspondentes a esta 2ª avaliación.22/3/2011 |
CHARLA SOBRE ALIMENTACIÓN O vindeiro xoves día 24 de marzo, ás 18:00h, no salón de actos do colexio, teremos unha charla coloquio para pais e profesores sobre a alimentación dos nosos fillos.A charla leva por título "Unha alimentación saudable para escolares". O poñente será unha persoa do Departamento de Calidade da Empresa SERAL que é a que nos está prestando os seus servizos no colexio. Esperamos a vosa asistencia e agradecemos a mesma de antemán. 22/3/2011 |
CHEGA O ENTROIDO! O venres día 4 de marzo celebraremos o Entroido no colexio. Pola mañán, logo do recreo, @s alumn@s da ESO disfrazaranse e deleitarannos coas cancións que están preparando. Pola tarde, ás 15:30h, será a quenda d@s alumn@s de Infantil e Primaria que farán un desfile cos seus disfraces. Os pais e nais estades convidados a presenciar este desfile. 3/03/2011 |
I ENCONTRO NACIONAL DE GRUPOS LESTONNAC: Os días 1, 2 e 3 de abril celebrarase en Bujedo, Burgos, o I Encontro Nacional de Grupos Lestonnac. Podes descargar aquí o powerpoint de presentación do evento. Se precisas máis información podes acceder o blog de Grupos Lestonnac Galicia.16/02/2011 |
DÍA DO XEXÚN VOLUNTARIO: Dentro das actividades engolbadas baixo o lema "Unha ollada solidaria" que traballamos ó longo do curso ímonos unir, un ano máis, á campaña da ONGD "Mans Unidas" coa celebración do Xexún Voluntario.Por iso, o venres 11 de febreiro, teremos unha xornada de sensibilización cos que pasan fame no mundo, que consistirá nunhas actividades para traballar o valor da solidariedade adaptadas a cada etapa e unha "merenda solidaria". Propoñemos, como xesto simbólico, a posibilidade de compartir un boliño de pan á hora da merenda no recreo. Nós, por un día, prescindiremos das nosas merendas habituais e nos sentiremos máis cerca dos nenos que non teñen que comer. Para axudar a Mans Unidas na súa loita por un mundo máis xusto, poremos un prezo simbólico a nosa merenda de 0,50€ -ou o que cada un sinta que ten que colaborar- para axudarlles nos seus proxectos. Con estas inciativas, pouco a pouco, os nenos afaranse a ser solidarios e a loitar por un mundo máis xusto e máis humano. ![]() 08/02/2011 |
CELEBRACIÓN DA XORNADA ESCOLAR POLA PAZ: O luns 31 de xaneiro, se o tempo nolo permite, celebraremos a Xornada Escolar pola Paz.Como remate das actividades que os alumnos viñeron realizando sobre o tema, co lema "XUNTOS SOMOS MÁIS, COMPARTAMOS A PAZ", teremos ás 10:00h, no patio do colexio un acto xeral no que expresaremos o noso desexo de PAZ. Como en anos anteriores, as nais e os pais estades convidados a participar. 27/01/2011 |
OS ALUMNOS DE 4º DE ESO CONTRÚEN UNHA PIZARRA DIXITAL: Os alumnos de 4º de ESO constrúen, na área de Tecnoloxía, unha pizarra dixital. Utilizando un mando dunha videoconsola, un punteiro fabricado por eles e un software elaborado en China constrúen unha pizarra dixital para a aula.25/01/2011 |
DATAS DOS EXAMES DE RECUPERACIÓN DE ÁREAS PENDENTES: Os exames de recuperación de áreas pendentes para a ESO serán os días 17, 18 e 19 de xaneiro co seguinte horario:
14/01/2011 |
COMEZO DAS VACACIÓNS DE NADAL: Na mañán do mércores día 22 de decembro, último día deste trimestre, terá lugar a entrega de notas @s alumn@s do colexio. Pola tarde, non haberá clase. A entrada e saída da mañá farase seguindo os horarios habituais. @s alumn@s que comen no centro sairán as 14:30 h. BO NADAL A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA! |
@S ALUMN@S DA ESO ESCOLLEN A SÚA PELÍCULA PARA ESTE NADAL: Se eres alumn@ da ESO e queres participar na elección da película deste Nadal podes votar facendo click nos carteis. Esta votación estará aberta ata o luns día 20 ás 9:00hVOTACIÓN FINALIZADA ![]() ![]() ![]() ![]() Por si non as coñecedes incluímos unha breve sinopse: "La pequeña Miss Sunshine" Año: 2006 "Descubriendo Nunca Jamás"DIRECTOR Jonathan Dayton, Valerie Faris GUIÓN Michael Arndt MÚSICA Mychael Danna, Devotchka FOTOGRAFÍA Tim Suhrstedt REPARTO Steve Carell, Toni Collette, Greg Kinnear, Alan Arkin, Beth Grant, Paul Dano, Abigail Breslin, Bryan Cranston PRODUCTORA Fox Searchlight Pictures PREMIOS 2006: 2 Oscar: Mejor guión original, actor de reparto (Alan Arkin). 4 nominaciones 2006: 2 nominaciones al Globo de Oro: Mejor película comedia o musical, actriz 2006: BAFTA: Mejor guión original, actor de reparto. 6 nominaciones 2006: Cesar: Mejor película extranjera 2006: Festival de San Sebastián: Premio del Público GÉNERO Comedia. Drama | Familia. Road Movie. Comedia dramática. Cine independiente USA SINOPSIS Los Hoover son una familia conflictiva: el abuelo es drogodependiente y suelta palabrotas, el padre da cursos sobre el éxito con estrepitoso fracaso, la madre no da abasto, el tío se recupera de un suicidio frustrado al ser abandonado por su novio, el hijo adolescente lee a Nietzsche y se niega a hablar, y la hija pequeña, Olive, gafotas y ligeramente gordinflona, quiere ser una belleza. Cuando un golpe de suerte lleva a Olive a ser invitada a participar en el muy competitivo concurso de 'Pequeña Miss Sunshine' en California, toda la familia Hoover se reúne para ir con ella. Se apilan en su oxidada furgoneta Volkswagen y se dirigen hacia el Oeste en un trágicómico periplo de tres días lleno de locas sorpresas que les lleva al gran debut de Olive, el cual cambiará a esta familia de inadaptados de una forma que nunca hubieran imaginado. Año: 2004 "El diario de Greg"DIRECTOR Marc Forster GUIÓN David Magee (Obra: Allan Knee) MÚSICA Jan Kaczmarek FOTOGRAFÍA Roberto Schaefer REPARTO Johnny Depp, Kate Winslet, Dustin Hoffman, Julie Christie, Radha Mitchell, Nick Roud, Joe Prospero, Freddie Highmore PRODUCTORA Miramax Films PREMIOS 2004: 1 Oscar: Mejor banda sonora. 7 Nominaciones 2004: 5 nominaciones al Globo de Oro, incluyendo mejor película dramática, bso, director 2004: 11 nominaciones BAFTA, incluyendo mejor película, maquillaje, actor, actriz 2004: National Board of Review: Mejor película, banda sonora original GÉNERO Drama | Biográfico SINOPSIS Basada en la vida de James Barrie, el autor del clásico infantil "Peter Pan". La historia comienza en Londres en 1904, y muestra el proceso narrativo que trajo al autor a traer a Peter Pan a la vida, desde su primera inspiración hasta el estreno de la obra en el teatro Duke de Nueva York, una noche que no sólo cambió la vida de Barrie sino de todos aquellos que estaban a su lado. Año: 2010 DIRECTOR Thor Freudenthal GUIÓN Jackie Filgo, Gabe Sachs, Jeff Filgo, Jeff Judah (Novela: Jeff Kinney) MÚSICA Theodore Shapiro FOTOGRAFÍA Jack N. Green REPARTO Steve Zahn, Chloe Moretz, Rachael Harris, Devon Bostick, Zachary Gordon, Alex Ferris, Robert Capron, Grayson Russell, Rob LaBelle, Cainan Wiebe, Ryan Grantham, Jake D. Smith, Karan Brar PRODUCTORA 20th Century-Fox Film / Color Force GÉNERO Comedia. Infantil | Colegios & Universidad SINOPSIS Adaptación a la gran pantalla basada en la novela ilustrada de gran éxito de Jeff Kinney "Diario de Greg". Son las crónicas de un estudiante de escuela secundaria que vive todo tipo de acontecimientos en su escuela. 14/12/2010 |
CAMPAÑA DE NADAL 2010: Desde o colexio cremos necesario nestas datas traballar o valor da solidariedade. Este ano traballaremos co lema "NON DEIXES SEN RESPOSTA OS OLLOS SUPLICANTES"![]() Durante esta semán, do 13 ó 17 de decembro, recolleremos alimentos que se deixarán nas clases segundo a táboa seguinte:
Grazas pola vosa solidariedade. 13/12/2010 |
FESTIVAL DE NADAL 2010: Xa está aquí o Nadal e, con el, tamén chega o noso Festival de Nadal. Será o vindeiro venres 17 de decembro ás 15:30h no salón actos do Centro e, este ano, haberá actuacións de todas as etapas: Infantil, Primaria e ESO. Tod@s se están esforzando para que ese día sexa perfecto. Esperamos que vos guste!13/12/2010 |
ENCONTRO DE GRUPOS LESTONNAC DE GALICIA: Finalmente o encontro de Grupos Lestonnac de Galcia vaise celebrar en cabo Udra o sábado 27 de novembro. Xuntarémonos as 10:30h no Colexio e regresaremos sobre as 18:15h. Deberedes levar comida e o chándal do noso centro. Esperámovos!26/11/2010 |
ELECCIÓNS PARA O CONSELLO ESCOLAR: O mércores 24 ás 11:15h da mañán terán lugar as votacións dos alumnos/as para escoller os seus representantes no Consello Escolar do Centro. O xoves 25 será o turno dos pais e nais con horario de 15:15 a 18:15h. Desde o Colexio queremos animarvos a todos/as a participar votando nestas eleccións.23/11/2010 |
FESTA DA NENA MARÍA: O vindeiro venres día 19 de novembro celebraremos no colexio a nosa Festa da Nena María. Este ano cúmprense 400! desde que Santa Xoana celebrouna por primeira vez coas súas alumnas.Así que vivirémolo con especial intensidade. ![]()
15/11/2010 |
PRESENTADO O NOVO PLAN DE TIC 2010-11: O pasado 11 de novembro de 2010 foi presentado en asamblea ós pais/nais o novo Plan de Tecnoloxías da Información e a Comunicación 2010-11 do noso colexio.Este Plan, elaborado polo Departamento de TIC e aprobado polo Consello Escolar por unanimidade, pretende marcar al liñas básicas de actuación non só durante este curso senon para os vindeiros 5 cursos. O obxectivo principal é situarnos dentro do cambio educativo máis importante das últimas décadas, o que algúns chaman: Escola 2.0 Así, pretendemos:
![]() 17/11/2010 |
CHEGA HALLOWEEN! As teachers de Infantil e Primaria xa teñen todo preparado para a celebración de Halloween o vindeiro venres día 29 de outubro. Haberá actuacións musicais, películas en V.O. e, como non, cabazas terroríficas!![]() 27/10/2010 |
ENCONTRO DE GRUPOS LESTONNAC DE GALICIA: O vindeiro día 13 de novembro terá lugar en cabo Udra un novo encontro dos grupos Lestonnac de Galicia.![]() 25/10/2010 |
PEREGRINACIÓN A SANTIAGO: Con motivo do Ano Santo Compostelano, os alumnos desde 4º de Primaria a 4º de ESO irán a Santiago o día 21 de outubro. Os autobuses sairán do colexio as 9:00h e deixarán aos alumnos en San Lázaro, desde onde irán andando ata a catedral. A volta está prevista ás 17:15h.19/10/2010 |
LEMA DE PASTORAL PARA O NOVO CURSO: "UNHA OLLADA SOLIDARIA""Unha ollada solidaria" é o lema escollido polo Departamento de Pastoral do Colexio para traballar este curso. Ó redor del xirarán as actividades programadas por este Departamento para o curso que comeza. 25/09/2010 |
REUNIÓNS DE PAIS/NAIS DE COMEZO DO NOVO CURSO 2010/11:As datas de reunión de pais/nais de comezo do novo curso serán as seguintes:
20/09/2010 |
COMEZA O NOVO CURSO 2010/11:
Xa está dispoñible o calendario do novo curso 2010/11 no apartado de descargas. 05/09/2010 |
HORARIOS DA ANPA PARA ADQUIRIR O CHÁNDAL DO COLEXIO:Ata o día 9 de setembro:de 11 a 13h e de 17 a 18h. A partir do día 10 de setembro: de 9 a 10h e de 13 a 14h. Os prezos do chándal completo son:
Prezos de pantalóns soltos:
04/09/2010 |
ENTREGA DE NOTAS SETEMBRO 2010:Os alumnos da ESO que se examinaron nestes primeiros días de setembro poderán pasar polo Colexio para recoller as súas notas o martes 7 de setembro ás 10h. 04/09/2010 |

















