Pastoral



O noso centro ofrece un Proxecto Pastoral que pretende:

  •   Educar persoas:

  • Que medren e maduren en tódalas súas dimensións
  • Que descubran as súas posibilidades físicas, intelectuais e afectivas
  • Que estean no proceso de descubrimento e aprendizaxe, atentos á novidade e con disposición para o cambio.
  • Que saiban ver a súa sociedade cos seus acertos e erros, dende unha actitude serena, crítica e obxectiva.
  • Que teñan presencia solidaria nas súas realidades, dun xeito responsable e constructivo.
  • Que teñan como referente ó Señor Xesús e os valores do Evanxeo.
  • Que estean abertas ó sentido da trascendencia propio da opción cristiá.
  • Que aprendan a vivir e a celebrar a fe dun xeito festivo e en comunidade
  • Potenciar os valores:

  • Liberdade. A educación ten que ser liberadora para o ser humano e para os pobos.
  • Xustiza. A colaboración no traballo creador dun mundo de todas e todos conleva: profesionalidade, coñecemento experimental e análise da realidade, sensibilidade social, respecto, sentido de vida non consumista, participación, sentido crítico, solidariedade, servició, etc.
  • Convivencia e paz. Cando as tensións e conflictos ameazan a comunidade humana, precisamos unhas relacións fraternas que se traduzan en respecto, diálogo, perdón, servizo e solidariedade.
  • Compromiso e gratuidade, fronte ó utilitarismo e á falta de responsabilidade


Obxectivos

Obxectivos xerais:

· Asegurar a dirección do proceso formativo da Compañía de María coas liñas forza que impulsan e orientan o proceso.

· Explicitar o proceso de iniciación cristiá, por medio dos axentes de pastoral, a través da oferta de experiencias de fé e da área de relixión.

Obxetivos do curso 2011-12:


“Vivir e educar en comunidade desde un proxecto común" baixo o lema

"Navegar é vivir"



Cartel tomado dos materiais da web www.reflejosdeluz.net